trapallando no blogue II

Trapallaredes no voso blogue de aula no que vos expresaredes segundo os vosos intereses e no que recolleredes os resultados das tarefas que levemos a cabo.
O voso traballo vai ser valorado e cualificado seguindo estes puntos:
Composición adecuada e atractiva das anotacións ou post: cun título certeiro, mostrando o propósito co que se escribe, cos contidos interesantes, ben presentados e ordenados con claridade, con uso de recursos tipográficos (negriña, numeración, viñetas…), cunha extensión non excesiva (poucos parágrafos) e con apelación aos lectores, favorecendo a súa participación.
Uso de hipertexto e multimedia incrustada: ligazón a sitios fiábeis e relevantes nas anotacións, incorporación de imaxes acordes co contido, vídeos de interese…
Respecto aos dereitos de autor: cítanse as fontes e líganse, empréganse só imaxes propias ou con licenza Creative Commons, etc.
Calidade da lingua: trabállase o borrador para a mellora da expresión, corríxense os erros gramaticais e ortográficos, etc.
Coidado da organización da información do blogue: mostra dos obxectivos, uso axeitado de categorías e etiquetas, mostra dos comentarios , etc.
Publicación de contidos con frecuencia e progresiva autonomía.
Intercambio de ideas nos comentarios
Interese por aprender a escribir no propio caderno dixital coa lectura dos blogues recomendados e outros de interese.