Cancións nas que conviven a electrónica, o pop, o rock de diversa inspiración e ... poesía

Libro con CD froito da unión entre once poetas galegos de todos os tempos e quince grupos da escena musical actual. Versos que van dende Rosalía e Curros ata Antón Lopo e Daniel Salgado convértense en cancións por virtude dun elenco variado de músicos no que conviven a electrónica, o pop, o rock de diversa inspiración e case todos os estilos imaxinables.
O libro recolle as versións orixinais dos poemas, aquelas que serviron como punto de partida para as composicións dos músicos, así como pequenas biografías dos autores. Por parte dos músicos, a edición aporta imaxes das bandas e textos que os presentan.

  • "Se has de chorar" de Alfonso Pexegueiro por zimmer103
  • "Nos ollos teus" de Álvaro Cunqueiro por Miguel Alonso
  • "Ningún lugar seguro" de Antón Lopo por Ataque Escampe
  • "Longa noite de pedra" de Celso Emilio por Miguel A.Suárez
  • "Non" de Celso Emilio Ferreiro por Xurxo Mares
  • "Autopoética in progress" de Daniel Salgado por Fanny e Alexander
  • "Cantarche hei amiga" de Darío Xohán Cabana por Anxo Rei
  • "A dama que fala" de Rompente por Roberto Sobrado e banda
  • "Cunetas"de Luís Pimentel por Snail
  • "Ai!" de Manuel Curros Enríquez por Meiga do Norte
  • A Rosalía de Castro de Manuel Curros Enríquez por Julian Ross
  • "Outono" de Manuel María por David Taboada
  • "Canción para cantar tódolos días" de Manuel María por Elanor
  • "Cantan os galos pro día" de Rosalía de Castro por Fucoxabier
  • "A xustiza pola man" de Rosalía de Castro por Nao