Jaureguizar publica por xunto as dúas primeiras aventuras da serie 'Un misterio para Tintimán'. Corazón de chocolate desenvólvese en Compostela. Tintimán é fillo dun reporteiro de guerra que acaba de morrer no Irak e aos seus 16 anos decide seguir os pasos do pai. Consegue un traballo no Diario Galego e pronto vai coñecer un segredo gardado longamente nos corredores secretos das catacumbas da Catedral de Santiago.
En A coroa de Napoleón, o detective Tintimán deberá resolver un caso na Coruña. Xusto cando se celebra o bicentenario da batalla de Elviña, que enfrontou a ingleses e franceses en Galiza, desaparece unha valiosa reliquia daqueles tempos.
Edita Xerais.