Quen fala? As partes do corpo opinan
Chema Heras, Tradutor/a
Taro Gomi, Escritor/a
Ed. Faktoría K de libros
2008 | Infantil-Xuvenil
Estaba Pablo paseando tan tranquilo cando, de súpeto... «Ui! Isto que é?», di un dedo. «Ah! É o caramelo que me deron o outro día», di a cabeza recordando. «Foh! Que sucio! Está cheo de peluxe!», din os ollos ao velo..."
Trala publicación de "A bañarse!", o deseñador xaponés Taro Gomi propón estoutro álbum de achegamento ao corpo humano a través dos sentidos e das partes das que consta. Ademais de gozar das ilustracións, realizadas dun xeito semellante ás que fan os cativos cos seus debuxos, esta obra tamén é unha ferramenta de apoio para nais, pais e mestres, á hora de axudaren os nenos a gañar en autonomía e coñecemento sobre si mesmos.
A linguaxe infantil está presente ao longo de todo o libro, con onomatopeias, xogos visuais e de palabras que o convertirán nunha obra cercana e atractiva. Unha das características da obra de Taro Gomi é a liberdade creativa e a tendencia a rachar convencións impostas polo pudor da sociedade. Desta maneira, o ilustrador aposta por reflectir a nudez do neno con total naturalidade.
[Presentación editorial]