Medios escritos en galego? Habelos, hainos
lgo falla nun país onde tanta xente se declara amante da súa lingua ou tantas empresas utilizan a galeguidade para posicionarse nos mercados, pero logo non hai nin lectores nin anunciantes para os medios que se fan en galego. De pouco serve que nos queixemos da falta de medios na nosa fala se logo non apoiamos nin o máis mínimo aos que se publican nesta. Só co noso apoio poderán ser máis numerosos, mellores e máis independentes. Velaquí unha mostra de 28 publicacións escritas en galego. Porque habelas, hainas.