Algúns apuntamentos sobre a figura de “Cigarreira”.
“No ano 1882 traballan na fábrica entre 3.000 e 4.000 mulleres. O dato exacto non é fidedigno entre as fontes consultadas. En número están entre estas dúas cifras”
“O maior colectivo de traballadoras de toda Galicia reunidas nunha soa fábrica, na Real Fábrica”
“Destaca o profundo sentimento de unidade entre as cigarreiras. Traballo, solidariedade e accións reivindicativas. Tres grandes motíns na fábrica: ano 1831, ano 1857 e ano 1874”
“Con respecto aos salarios percibidos polas cigarreiras, son un 30% e até o 50% do salario recibido polos seus maridos. Facenda considera lícito esta discriminación. En moitos casos as cigarreiras sustentan a súa propia unidade familiar”
“De nais a fillas. As traballadoras tiñan grandes posibilidades de herdar o posto de traballo polo feito de pertencer a familia. Preferencia á hora de seleccionar o novo persoal, ao ser filla de cigarreira (figura este feito no regulamento da fábrica)”
“Os cambios no tipo de labor do tabaco, do tabaco de aspirar ao de inhalar trouxo consigo a substitución de man de obra masculina por man de obra feminina. Tarefa intensiva en man de obra. Dous motivos condicionaron a substitución: a destreza no proceso e a menor contía salarial que perciben respecto dos homes. Pagábase por obra feita, de modo que para ter un xornal digno é necesario producir moitos cigarros. Ao pagar por obra feita non atenden a circunstancias persoais como: “indisposicións, enfermidade, partos,... sendo constantes os sucesos incluso dentro da fábrica (hai partos no seu interior)”
“Entre os rangos ocupados polas cigarreiras: Aprendices, operarias, amas de rancho, mestras de labores e porteiras”