Os Ánxeles, 2019 (a unha carreiriña de can): superpoboación, contaminación, corporacións todopoderosas, intelixencia artificial, manipulación xenética, hibridismo cultural... Un mundo cambiante, cada vez máis familiar, que só ofrece un futuro incerto. En correspondencia con este ambiente, a lingua máis falada nesas áreas urbanas é o cityspeak: unha especie de argot da rúa que mestura trazos de inglés, castelán, italiano, coreano, húngaro... Outra peza máis no noso mosaico de linguas de ficción.