Xosé Antonio Ventoso Mariño: Historia das historias da escola Ilustracións de Xoán Fernández Col. Elefante Contacontos, 38. Ed. Ir Indo. Vigo, 2008 |
Conxunto de relatos que comparten a escola como motivo. Narrados en primeira persoa, presentan diferentes visións da etapa escolar, na súa maior parte dende a condición de adulto que lembra esa etapa da súa vida. Poucos son os casos nos que o paso polo colexio supuxo un camiño para a súa formación superior, pero en todos eles foi un experiencia que os marcou, tanto pola figura do educador -admirable e mesmo represaliado pola súa concepción diferente da establecida polas autoridades- como pola nostalxia dunha etapa desaproveitada. O exército, o mar, o fútbol, o narcotráfico, un restaurante... foron os novos camiños para unhas vidas nas que a escola, dunha maneira ou outra, deixou pegada inesquecible. |