Mariano Casas: Mensaxes Guión de Mariano Casas El Patito Editorial. de Compostela, 2009 Premio Castelao de Banda Deseñada 2009 |
![]() | Mentres o sol se está achegando á Terra, que ferve e cos mares secos, un home e unha muller están agochados no soto dunha imprenta. Fóronse refuxiar alí cando a temperatura estaba a cen graos e subindo un grao cada día. Serán as súas últimas horas pois logo de dúas semanas xa non lles queda comida nin auga, polo que el dedícase a debuxar no ordenador un cómic que sexa testemuña futura dese tempo, porque as iconas son intelixibles máis alá dos idiomas e a banda deseñada será a arte que sobrevivirá para contar o presente. Ela pídelle que deixe tamén testemuña da súa historia para que perdure e el retrátaos no seu estar pechados, cando a sede fai que ela beba a tinta azul, logo el a tinta amarela, logo os dous a maxenta, quedando só a negra para imprimir os debuxos. E como antes de saíren quere deixar debuxado o final, co sangue dunha vea fai os trazos vermellos que se acaban convertendo nun fío vermello lonxano. Cunha técnica plástica que recorre a diferentes linguaxes e un manexo das cores que estimula a tensión narrativa, ademais da convivencia estilística entre os planos con texto e as imaxes illadas, resulta unha obra sorprendente e moi suxestiva. |