Aid - test - por ti




Por ti

Por ti, trocou miña vida por ti

todo é distinto dende que estás aquí

casi lembro a primeira vez que te vin

e é curioso que co tempo confiaras en min


Agora formas parte de min

é molesto se me esquezo cando te coñecín

agora somos porfin inseparabeis e sin ti

non sabería vivir, ti dime como vivir


Sen poderme expresar, ti me ensinache a cantar

o son do teu alalar, ti me ensinaches o mar

e aprendín a rimar,

e aprendín a crear, e aprendín a amar


Quixo o destino xogar

e eu deixeime levar

e quen o ía dicir que eu mesma ía contar

a miña vida en papel, agora podo soñar


Nunca aborrezo de ti

e adoezo eu si me separo de ti

gústame ouvir o teu son, podo sentir cada ton

quero crear a ilusión de que ti estás ao carón, de min


cada suspiro é unha inspiración

e é o teu latexar que segue o beat da canción

co tempo te coñecín, agora estamos aquí

ti formas parte de min, eu formo parte de ti


Ven aquí e faime soñar

que en soños podo voar, está a maxia no ar

e as notas poden soar, e o vento pode zoar

no soño eu podo contarte o que adoito calar e


Non sei o que será de ti,

pero eiquí te terei, siga ou non xunto a ti

eu vivo con ilusión descoñecendo o confín

e escribo esta canción por si te esqueces de min


Magnífico rap de Aíd para a campaña Orgullos@s do galego.


Texto en .pdf
Podes escoitar este rap na web da Coordinadora de ENDL, no apartado de textos está de segundo, ou no MySpace da cantante.